J.S.Bach Johann Sebastian Bach

 





O gran compositor do Barroco
 

Cargando... Dentro da vida explicaremoslles detalladamente toda a súa atarefada vida
Para ver comprender a súa vida e obra cómpre saber en que etapa estaba e que era o característico desta época.

Aquí poderas contemplar a súa música.


  

  .                                                                                                                            





 Obras do gran mestre

  · 
"The Well Tempered Clavier"( O Clave Ben Temperado). Deste libro para piano exisen dous tomos onde se practica arpegios e tonalidades. Unha peza moi coñecida deste libro é o "Prelide in C" que podedes escoitar na páxina Vídeos.
·Cantatas
·Preludio e Fuga en Sol menor BWV 535a.
·Was mir behagt BWV 208, tamén denominada Cantata de Caza.
·Tocata e Fuga en Re menor BWV 532
Isto só é unha curta listaxe da súa grande obra que iremos subindo co tempo.


Características 


O seu gran dominio nos contrapuntos e a forma de ser complexos e enxeñosos. Levou á culminación a fuga na súa obra O Clave Ben Temperado que consiste en 48 preludios e fugas , unha de cada para cada tonalidade tanto menor como maior. A Are da Fuga consta de 14 fugas con distintas formas, pero todas co mesmo tema base. Ademais teñen grande interese os seus concertos como os Concertos de Branderburgo caraterizandose polos seus solos instrumentais. Compuxo moitas cantatas para misas dominicais e as súas paixóns para as celebracións de Venres Santo. Tamén cabe destacar as súas Suites para orquestra.

 
Preguntaredesvos , por que aparecen as siglas BWV ? Son as siglas do rexistro das obras de Bach feito por Wolfgang Schmieder. Significan Bach Werke Verzeichnis( Catálogo de obras de Bach).